Segmento C

Opel Zafira, un monovolume do segmento C.
SEAT León, un compacto medio do segmento C.
SEAT Toledo, unha berlina media do segmento C.

O segmento C é un segmento de automóbiles que se sitúa entre os segmentos B e D. Xeralmente teñen espazo para cinco adultos, e para dous nenos máis no caso de monovolumes de sete prazas.

Nos anos 1980, a este segmento denominábaselle ás veces "catro metros", xa que os modelos adoitaban ter esa lonxitude. Actualmente, estes vehículos miden aproximadamente 4´30 m de longo en carrozaría hatchback (5 portas) ou monovolume de cinco prazas e 4´50 m no caso de carrozarías sedán, familiar, todo terreo ou monovolume de sete prazas.

Hoxe en día, os modelos estándar adoitan ter motores de catro cilindros de entre 1.4 e 2.0 litros de cilindrada e potencias entre os 90 e os 140 CV máis ou menos. Os máis deportivos poden alcanzar os 3.2 litros de cilindrada, nalgúns casos teñen cinco cilindros en liña ou seis cilindros en "V" e poden desenvolver potencias máximas ata aproximadamente 270 CV.

Dentro do segmento C, hai varios subsegmentos que corresponden aos distintos tipos de carrozaría. Un automóbil de turismo do segmento C denomínase "compacto" ou "compacto medio"; un monovolume é un "monovolume compacto" ou "monovolume mediano", e un todo terreo chámase "todo terreo compacto".


Developed by StudentB